Política de privacidade

O nome deste dominio web é titularidade de ADAM FOODS, S.L.U. (En diante designarase como «ADAM FOODS»).

POLÍTICA DE PRIVACIDADE E PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS

ADAM FOODS comprométese a cumprir coa lexislación vixente en materia de protección de datos de carácter persoal.

ADAM FOODS garante que, como titular dos ficheiros de carácter persoal, tratará confidencialmente os datos persoais que voluntariamente lle fornezan os usuarios deste portal ou dos perfís oficiais de ADAM FOODS en redes sociais, a través dos servizos ou promocións de ADAM FOODS ou por calquera outro medio.

ADAM FOODS adoptou as medidas técnicas necesarias para manter o nivel de seguridade requirido, segundo a natureza dos datos persoais tratados e as circunstancias do tratamento, co obxectivo de evitar, na medida do posible e segundo o estado da técnica, a alteración, perda, tratamento ou consulta non autorizados.

A continuación, en cumprimento do disposto na normativa de protección de datos de carácter persoal, fornéceselle información sobre os termos e condicións do tratamento de datos efectuado por ADAM FOODS.

1. REPONSABLE DO TRATAMENTO DOS SEUS DATOS PERSOAIS

Denominación social: ADAM FOODS, S.L.U.
Nome comercial: ADAM FOODS
Domicilio social: Travessera de Gràcia, núm. 342, 08025, Barcelona
CIF/NIF: B-66372202
Teléfono: 900 202 106
correo electrónico: info@adamfoods.es

Presenza web corporativa de ADAM FOODS:

Dominio canónico do sitio web: https://www.adamfoods.com
Dominios de servizo ou secundarios: adamfoods.es
Perfís sociais:
YOUTUBE: ADAM FOODS

2. FINALIDADE E LEXITIMACIÓN DO TRATAMENTO DOS SEUS DATOS PERSOAIS

En cumprimento do establecido no Regulamento Xeral de Protección de Datos UE 2016/679 (en diante, «RXPD»), así como na Lei de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico (en diante, «LSSICE»), ADAM FOODS comunícalle que o tratamento dos datos persoais que nos forneza pode perseguir todos os fins seguintes ou algúns deles, segundo se lle indicará en cada caso:

  1. Publicidade, información sobre produtos e servizos da empresa e xestión das promocións: os seus datos persoais trataranse co gallo de facilitarlle información sobre produtos e servizos de ADAM FOODS.
    A base de licitude para o tratamento dos seus datos con este fin é o seu consentimento.
  2. Atención das consultas e solicitudes: darase resposta ás súas consultas e solicitudes remitidas por correo electrónico, correo postal ou teléfono a través de calquera dos medios que se indican no apartado «Contacto» da Web.
    A base de licitude para o tratamento dos seus datos con este fin é o seu consentimento.
  3. Finalidades comerciais, precontractuais ou contractuais: no suposto de que contrate ou vaia contratar algún dos nosos produtos ou servizos, trataranse os seus datos persoais co gallo de xestionar a relación contractual con vostede.
    A base de licitude para o tratamento dos seus datos con este fin é a execución dun contrato ou a aplicación de medidas precontractuais.
  4. Xestión da canle de ética: os seus datos trataranse no marco do procedemento da canle de ética da empresa.
    A base de licitude para o tratamento dos seus datos con este fin é o cumprimento da Directiva 2019/1937/EU, de protección do denunciante.
  5. Cesión de datos a terceiros: os seus datos persoais poderán comunicarse a terceiros con fins comerciais. Pode atopar máis información sobre os destinatarios dos seus datos persoais no punto 4 da presente Política de privacidade.
    A base de licitude para o tratamento dos seus datos con este fin é o seu consentimento.
  6. Fins estadísticos: ADAM FOODS, a partir das respostas aos cuestionarios enchidos polos propios usuarios, pode levar a cabo análises estatísticas para uso interno relativas a, por exemplo, a título enunciativo, as franxas de idade dos participantes en determinadas promocións, a frecuencia de participación nas promocións, o ámbito xeográfico, etc.
    A base de licitude para o tratamento dos seus datos con este fin é o interese lexítimo de ADAM FOODS de analizar o mercado a fin de mellorar os seus produtos e servizos.
  7. Realización de enquisas: trataranse os seus datos persoais para facerlle enquisas de calidade sobre os nosos produtos e servizos.
    A base de licitude do tratamento dos seus datos con este fin é o interese lexítimo de ADAM FOODS de garantir a calidade dos seus produtos e servizos.

3. COMUNICACIÓN DOS DATOS

Os datos persoais tratados por ADAM FOODS cos fins detallados con carácter previo poderán comunicarse, previo consentimento do interesado, ao resto de empresas do grupo ADAM FOODS:

  • LP FOODIES, S.A.U., sociedade unipersoal (NIF A-08009359).
  • GRANJA SAN FRANCISCO, S.L., sociedade unipersoal (NIF B-55216758).
  • GALLETAS ARTIACH, S.A.U., sociedade unipersoal (NIF A-64929250).
  • TRIGORICO, S.L., sociedade unipersoal (NIF B-87438750).
  • CUETARA, S.L.U., sociedade unipersoal (NIF B-87127676).

Os datos persoais poden, así mesmo, comunicarse a fornecedores de servizos (servizos de márketing e publicidade, servizos de enquisas, servizos de ensobrado, mensaxería e correo postal, servizos de custodia e destrución da información dixital e física) para que os traten en nome e por conta de ADAM FOODS e baixo as súas instrucións co gallo de cumprir coas finalidades indicadas. Estes fornecedores de servizos consideraranse encargados do tratamento; adoptaranse as medidas contractuais necesarias para que respecten e protexan os datos persoais dos interesados.

Do mesmo xeito, previo consentimento do interesado, os datos persoais tratados tamén se poderán comunicar ás empresas indicadas a continuación co único fin de utilizar estas plataformas como medio de publicidade e comunicación, a fin de presentar aos interesados banners e información publicitaria:

  • Facebook, Inc.
  • Google LLC.

4. PERÍODO DE CONSERVACIÓN DOS DATOS

Os seus datos persoais conservaranse mentres sexan necesarios para acadar os fins indicados, así como, de ser o caso, mentres non retire o seu consentimento. Así mesmo, conservaranse durante o tempo necesario para cumprir as obrigas legais aplicables en cada caso conforme cada tipo de datos.

5. OS DATOS QUE RECOMPILAMOS

Para os fins arriba indicados, podemos clasificar o conxunto dos datos do interesado conforme as seguintes fontes e tipos:

a) Datos fornecidos de xeito directo polo interesado

Datos fornecidos de xeito directo por vostede, xa sexa no momento de establecer comunicación coa nosa empresa por calquera das vías antes indicadas, enchendo os formularios interactivos en formato HTML dos nosos sitios web, ou ao longo da relación contractual a través de distintos medios, por exemplo, reclamacións ou solicitudes de información a través do servizo de atención ao cliente (vía formulario web, chamada telefónica ou correo postal). Estes datos agrúpanse nas seguintes categorías:

  • Datos persoais (data e lugar de nacemento, idade, información familiar, etc.).
  • Datos identificadores (nome, apelidos, DNI, domicilio, teléfono, correo electrónico, etc.).
  • Datos persoais (data e lugar de nacemento, idade, datos familiares, etc.).
  • Información comercial (no caso de estar subscrito a un servizo de comunicación comercial).
  • Datos sobre gustos e preferencias.

Toda a información que o usuario forneza a través dos medios anteriormente indicados deberá ser veraz. A estes efectos, o usuario garante a autenticidade de todos os datos que comunique. En todo caso, será o usuario o único responsable das manifestacións falsas ou inexactas que realice e dos prexuízos que cause a CUÉTARA e ADAM FOODS ou a terceiros pola información que forneza.

Así mesmo, obteranse datos persoais a través das redes sociais que vostede nos permita consultar, así como a través da súa navegación polos nosos sitios web e outras Webs do grupo ADAM FOODS, ou as nosas aplicacións informáticas de telefonía móbil, nas que opere debidamente identificado.

b) Datos obtidos doutras fontes distintas ao propio interesado

Datos obtidos de fontes distintas ao interesado, xa sexa por contar co seu consentimento ou por calquera outra habilitación legal (interese lexítimo, cumprimento dunha obriga legal). A modo de exemplo, cítanse: fontes accesibles polo público ou organismos da administración pública ou xudicial.

6. DEREITOS EN MATERIA DE PROTECCIÓN DE DATOS

A normativa de protección de datos confírelle unha serie de dereitos en relación co tratamento dos datos persoais asociado cos nosos servizos, que se poden resumir en:

  • Dereito de acceso: coñecer que tipo de datos estamos tratando e as características do tratamento de datos que estamos levando a cabo.
  • Dereito de rectificación: poder solicitar a modificación dos seus datos que sexan inexactos ou non veraces.
  • Dereito a solicitar a limitación do tratamento nos seguintes supostos:
    • Mentres se comproba a impugnación da exactitude dos datos.
    • Cando o tratamento sexa ilícito e vostede se opoña á supresión dos seus datos e solicite a limitación do uso dos mesmos.
    • Cando ADAM FOODS non necesite tratar os seus datos, pero vostede os requira para o exercicio ou a defensa de reclamacións.
    • Cando se teña oposto ao tratamento dos seus datos persoais para cumprir unha misión de interese público ou satisfacer un interese lexítimo, mentres se verifica se os motivos lexítimos para o tratamento prevalecen sobre os seus.
  • Dereito de portabilidade: poder obter unha copia dos datos que están sendo tratados nun formato interoperable, así como transmitilos a outra entidade.
  • Dereito de supresión: solicitar a eliminación de todos os seus datos persoais porque, entre outros motivos, xa non sexan necesarios para os fins para os que se recolleron.
  • Dereito de oposición: solicitar o cesamento do tratamento baseado no interese lexítimo de ADAM FOODS. Cando o tratamento teña como obxectivo o márketing directo, os datos persoais deixarán de tratarse para este fin, cesando o envío de comunicacións comerciais ao solicitante por parte da empresa.

O usuario poderá exercer os seus dereitos enviando unha solicitude aos enderezos de correo electrónico e postal indicados ao pé de cada formulario ou, no seu defecto, aos seguintes enderezos de correo electrónico e postal:

  • Grupo ADAM FOODS, Travessera de Gràcia, núm. 342, 08025 Barcelona, indicando no sobre a referencia: REF.: DATOS PERSOAIS, ou
  • Enviando un mensaje a la siguiente dirección de correo electrónico info@adamfoods.es sinalando en ambos casos o dereito que se quere exercer e anexando unha fotocopia do DNI ou outro documento de identificación similar.

No caso de que se teña outorgado o consentimento para algunha finalidade específica, ten dereito a retiralo en calquera momento, sen que isto afecte a licitude do tratamento baseado no consentimento realizado con anterioridade á devandita retirada.

Se considera que se produciu unha incidencia respecto ao xeito en que ADAM FOODS está tratando os seus datos, pode enviar unha reclamación a info@adamfoods.es ou á Axencia Española de Protección de Datos.

7. USO DE RASTROS E SUPERVISIÓN DA NAVEGACIÓN

Co gallo de que obteña información ao respecto deste apartado, fornecémoslle a Política de rastros dos nosos sitios web: www.adamfoods.com/gl/privacidade.

8. ENDEREZOS IP

Os servidores dos sitios web poderán detectar de xeito automático o enderezo IP e o nome de dominio utilizados polo usuario. Un enderezo IP é un número asignado automaticamente a un ordenador cando este se conecta a Internet. Toda esta información rexístrase nun ficheiro de actividade do servidor debidamente inscrito que permite o posterior procesamento dos datos co gallo de obter medicións unicamente estatísticas que permitan coñecer o número de impresións de páxinas, o número de visitas realizadas aos servizos web, a orde das visitas, o punto de acceso, etc.

9. CAMBIOS

Poderemos modificar esta Política de privacidade e protección de datos persoais; se introducimos algún cambio significativo, comunicarémosllo a través dos nosos sitios web ou por outros medios, de xeito que teña a oportunidade de revisalo antes de que entre en vigor. Se non está de acordo con calquera dos cambios, pode exercer os seus dereitos ou xestionar os seus consentimentos.

O uso continuado dos nosos sitios web tras a publicación ou o envío dun aviso acerca de cambios na Política de privacidade e protección de datos persoais implica que a recompilación, a utilización e o uso compartido dos seus datos persoais quedan suxeitos á versión actualizada desta política.

Data de entrada en vigor: 25 de maio de 2018
Última actualización: 21 de febreiro de 2022

Configuración de cookies