Nutrición e calidade
En Adam Foods, temos un compromiso coa promoción dun estilo de vida saudable que integre unha alimentación variada e equilibrada e a práctica de actividade física de acordo coas capacidades de cada un. Por iso, contamos cun fórmula única que xunta ingredientes de máxima calidade, os mellores profesionais do sector e transparencia nas comunicacións.
Utilizamos ingredientes de calidade
Elaboramos os nosos produtos con ingredientes de calidade, que melloramos de xeito continuo.
Os nosos produtos non levan graxas hidroxenadas e non achegan ácidos graxos trans. Potenciamos o uso de Oleoequilibre, unha combinación de aceites nutricionalmente optimizada con alto contido en ácidos graxos insaturados. Favorecemos o uso de ingredientes de orixe natural, como na gama Sólo Natural de La Piara.
Apostamos pola mellora nutricional continua dos nosos produtos
Para darche o mellor, temos que seguir traballando día a día. Por iso non paramos de mellorar.
Reducimos en máis dun 40 % a cantidade de graxa saturada das galletas TostaRica. Tamén conseguimos reducir nun 50 % as graxas saturadas nas galletas Marbú Dorada. Nas galletas Dinosaurus, reducimos un 12 % a cantidade de azucre e case un 50 % a de graxas saturadas. Chiquilín tamén sufriu unha mellora ao reducir nun 40 % as graxas saturadas. Incorporamos salvado de trigo en Fibra Línea para mellorar o tránsito dixestivo. E reducimos o sodio dos patés de La Piara entre un 15 e un 30 %.
Etiquetamos de forma transparente
Etiquetamos de forma transparente.
Queremos proporcionarche a información nutricional dos nosos produtos de xeito transparente e claro para axudarche a escoller os que mellor se axeiten á túa alimentación, idade e estilo de vida. Antes de comprar ou consumir un alimento envasado, é fundamental ler e saber interpretar a información da etiqueta para facer a elección máis oportuna.
Apostamos por unha publicidade responsable
Apostamos por unha publicidade responsable.
Estamos adheridos a códigos voluntarios de regulación da publicidade dirixida aos máis pequenos para contribuír a promover hábitos e estilos de vida que repercutan positivamente no seu benestar.
Participamos no plan HAVISA (Hábitos de Vida Saudables) co gallo de transmitir mensaxes que promovan unha alimentación saudable e a práctica habitual de actividade física.