Cookies
Na presente Política de rastros de ADAM FOODS descríbense os distintos tipos de rastros que se utilizan en relación co sitio web www.adamfoods.es cuxa propiedade e control corresponden a ADAM FOODS, S.L.U., con domicilio social en Travessera de Gràcia núm. 342, 08025, Barcelona (en diante, «ADAM FOODS»), dende o que se accede a esta Política de rastros. ADAM FOODS determina os medios e os fins do tratamento dos datos persoais descritos nesta Política de rastros e é, polo tanto, o responsable do tratamento (no sentido do Regulamento UE 2016/679).
Se ten algunha dúbida, pode poñerse en contacto connosco enviando unha mensaxe a info@adamfoods.es, chamando ao 900 202 106 ou enchendo o seguinte formulario.
1. QUE SON OS RASTROS?
Os rastros son pequenos ficheiros de datos que se envían ao ordenador, teléfono móbil ou outro dispositivo que utiliza o usuario para visitar unha páxina web; permiten obter información sobre a navegación do usuario ou un código para identificar inequivocamente a este.
2. TIPOS DE RASTROS E FINALIDADE DO SEU USO
Ao navegar por este sitio web utilízanse rastros de sesión e rastros persistentes que, á súa vez, poden ser propios ou de terceiros.
Os rastros de sesión están deseñados para recabar e almacenar datos mentres o usuario visita unha páxina web. Adoitan empregarse para almacenar información que só interesa conservar para fornecer o servizo solicitado polo usuario nunha soa ocasión.
Cos rastros persistentes, os datos seguen almacenados no terminal e é posible acceder a eles para tratalos durante un período de tempo definido polo seu responsable, que pode oscilar entre uns minutos e varios anos.
RASTROS PROPIOS Son os que se envían ao equipo terminal do usuario dende un equipo ou dominio xestionados polo propio editor, dende os que se fornece o servizo solicitado polo usuario.
RASTROS DE TERCEIROS Son os administrados por fornecedores de servizos de análise alleos a www.adamfoods.es. A continuación, detállase que terceiros poden acceder a rastros (non exentos de información e consentimento) do seu equipo e configuralos, así como os fins cos que se utiliza a información que se almacena.
No sitio web utilízanse concretamente os seguintes rastros:
FINALIDADE | EMPRESA | MÁIS INFORMACIÓN |
---|---|---|
Análise: son os que permiten o seguimento e a análise do comportamento dos usuarios da páxina web, para elaborar perfís de navegación co gallo de introducir melloras en función do uso que se fai da Web. Son datos como o identificador do usuario da sesión e a data da primeira conexión á Web e o acceso anterior. | https://developers.google.com | |
Personalización: poden almacenar as preferencias do usuario e outra información, como o idioma preferido (por exemplo, inglés) ou o número de resultados de busca que quere que se amosen en cada páxina. | https://policies.google.com |
3. DESACTIVACIÓN OU ELIMINACIÓN DOS RASTROS
No sitio web unicamente se utilizan os rastros que o usuario autorizou previamente. En todo caso, o usuario pode modificar as súas preferencias dende o panel de configuración dos rastros.
A maioría dos navegadores web permiten xestionar, en calquera momento, as preferencias do usuario sobre o uso dos rastros. O usuario pode axustar o seu navegador para que rexeite os rastros ou elimine determinados rastros segundo o seu criterio.
Para configurar os rastros, o usuario pode acceder a:
Google Chrome: Ferramentas → Configuración → Mostrar configuración avanzada → Configuración de contido → Rastros → Bloquear os datos de sitios e os rastros de terceiros.
Mozilla Firefox: Ferramentas → Opcións → Privacidade → Historial → Usar unha configuración personalizada para o historial (desmarcar todas as caixas)
Internet Explorer: Ferramentas → Seguridade → Eliminar o historial de exploración → Seleccionar rastros e datos do sitio web → Eliminar.
Safari: Edición → Preferencias → Privacidade → Bloquear rastros (seleccionar «Sempre»).
Opera 19: Menú → Configuración → Privacidade e seguridade → Sección Rastros (seleccionar «Bloquear rastros de terceiros e datos de sitio»).
O usuario pode revogar o seu consentimento para o uso de rastros dende o seu navegador, a través das indicacións anteriores ou da instalación dun sistema de rexeitamento («opt-out») no navegador. Algúns terceiros facilitan este rexeitamento a través da seguinte ligazón:
Opt-out de Google Analytics: https://tools.google.com/dlpage/gaoptout?hl=None
O usuario debe ter en conta que algunhas características dos contidos da páxina web www.artiach.es só están dispoñibles se se permite a instalación de rastros no navegador. Se decide non aceptar ou bloquear determinados rastros (en función da súa finalidade), é posible que se vexa afectado parcial ou totalmente o funcionamento normal da páxina web ou que se impida o acceso a algúns servizos da mesma.
Pode acceder ao panel de configuración dos rastros.
4. ACTUALIZACIÓNS E CAMBIOS NA POLÍTICA DE RASTROS
ADAM FOODS, S.L.U. pode modificar esta Política de rastros en función das novas esixencias lexislativas ou regulamentarias, ou co gallo de adaptala ás instrucións ditadas pola Axencia Española de Protección de Datos.
Cando se produzan cambios significativos nesta Política de rastros, comunicaránselle ao usuario (ben mediante un aviso informativo na páxina web do editor, ben a través dun correo electrónico no caso dos usuarios rexistrados).
Esta páxina web verificouse con data de 25 de maio de 2018.
Todos os dereitos reservados © ADAM FOODS, S.L.U. 2017