Política de privacidade
O nome de este dominio web é titularidade de ADAM FOODS, S.L.U. (De agora en adiante «ADAM FOODS»).
POLÍTICA DE PRIVACIDADE E PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS
ADAM FOODS comprométese a cumprir coa lexislación vixente en materia de protección de datos de carácter persoal.
ADAM FOODS garante que, como titular dos datos persoais recollidos, tratará confidencialmente os datos persoais que lles faciliten os usuarios deste portal ou perfís oficiais de ADAM FOODS en redes sociais, a través dos servizos ou promocións de ADAM FOODS ou por calquera outro medio.
ADAM FOODS adoptou as medidas técnicas necesarias para manter o nivel de seguridade esixido, segundo a natureza dos datos persoais tratados e as circunstancias do tratamento, co obxectivo de evitar, no que sexa posible e segundo o estado da técnica, a alteración, a perda, o tratamento ou o acceso non autorizado.
A continuación, en cumprimento do disposto na normativa de protección de datos de carácter persoal, infórmaselle sobre os termos e condicións de tratamento de datos efectuado por ADAM FOODS.
1.RESPONSABLE DO TRATAMENTO DOS SEUS DATOS PERSOAIS
• Denominación Social: ADAM FOODS, S.L.U.
• Domicilio Social: Travessera de Gracia núm. 342, 08025 Barcelona.
• CIF/NIF: B-66372202
• Teléfono: 900 202 106
• Enderezo electrónico: info@adamfoods.es
2. FINALIDADE E LEXITIMACIÓN DO TRATAMENTO DOS SEUS DATOS PERSOAIS
En cumprimento do establecido no Reglamento UE 2016/679 Xeral de Protección de Datos (de agora en adiante, «RXPD»), ADAM FOODS infórmalle de que o tratamento dos datos persoais que nos facilite pode perseguir todas ou algunhas das seguintes finalidades, segundo se lle indicará en cada caso:
I. Publicidade, información sobre produtos e servizos da compañía e xestión das promocións: Os seus datos persoais trataranse coa finalidade de lle facilitar información sobre produtos e servizos de ADAM FOODS ou, no seu caso, para xestionar as promocións.
A base de licitude para o tratamento dos seus datos para esta finalidade é o seu consentimento.
II. Atención ás súas consultas e solicitudes: Daráselle resposta ás súas consultas e solicitudes remitidas por enderezo electrónico, postal ou telefónico a través de calquera dos medios que se indican no apartado «Contacto» da web.
A base de licitude para o tratamento dos seus datos para esta finalidade é o seu consentimento
III. Finalidades comerciais, precontractuais ou contractuais: No suposto de que contrate ou teña pensado contratar algún dos nosos produtos e servizos, os seus datos persoais trataranse coa finalidade de xestionar á relación contractual con Vostede.
A base de licitude para o tratamento dos seus datos para esta finalidade é a execución dun contrato ou para a aplicación de medidas precontractuais.
IV. Xestión da Canle interna de información: Os seus datos trataranse no marco do procedemento da Canle Interna de información da compañía.
A base de licitude para o tratamento dos seus datos para esta finalidade é a obriga legal ex. art. 6.1c) do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello e a Lei 2/2023, do 20 de febreiro, reguladora da protección das persoas que informen sobre infraccións normativas e de loita contra a corrupción.
V. Cesión de datos a terceiros: Os seus datos persoais poderánselles comunicar a terceiros para finalidades comerciais. Pode atopar máis información sobre os destinatarios dos datos persoais no punto 3 da presente Política de Privacidade.
A base de licitude para o tratamento dos seus datos para esta finalidade é o seu consentimento.
VI. Fins estatísticos: AA partires das respostas aos cuestionarios cumprimentados polos propios usuarios podemos levar a cabo estatísticas para o seu uso interno relativas, por exemplo, e citándose a título enunciativo, as franxas de idades dos participantes en determinadas promocións, frecuencia de participación nas promocións, ámbito xeográfico, etc.
A base de licitude para o tratamento dos seus datos para esta finalidade é o interese lexítimo de ADAM FOODS de analizar o mercado co fin de mellorar os seus produtos e servizos.
VII. Realización de enquisas: Os seus datos persoais trataranse para lle facer enquisas de calidade relativas aos nosos produtos e servizos.
A base de licitude do tratamento dos seus datos para esta finalidade é o interese lexítimo de ADAM FOODS de garantir a calidade dos seus produtos e servizos.
VIII. Xestión da conta de usuario: En caso de decidir rexistrarse como usuario nalgunha das nosas Webs, precisaremos tratar os seus datos para identificación do usuario e poder proceder a darlle acceso ás súas diferentes funcionalidades, produtos e servizos que estean á súa disposición como usuario rexistrado. Pode cancelar a súa conta en calquera momento, exercendo o dereito de cancelación e seguindo as pautas especificadas no punto número 5 da presente Política de Privacidade.
A base de licitude para o tratamento dos seus datos para esta finalidade é o seu consentimento.
3. COMUNICACIÓN DOS DATOS
Os datos persoais tratados por ADAM FOODS para alcanzar as finalidades detalladas con carácter previo poderanse comunicar previo consentimento do interesado ao resto de empresas do Grupo ADAM FOODS:
-
- • LP FOODIES, S.A.U. Sociedade Unipersoal (NIF A-08009359).
-
- https://www.lapiara.com/es/politica-de-privacidad/
-
- • GRANJA SAN FRANCISCO, S.L.U. Sociedade Unipersoal (NIF B-55216758).
-
- https://www.granjasanfrancisco.com/es/politica-privacidad-proteccion-datos-personales/
-
- • TRIGORICO, S.L.U. Sociedade Unipersoal (NIF B-87438750).
-
- https://www.panpanrico.es/politica-de-privacidad/
-
- • GALLETAS ARTIACH, S.A.U. Sociedade Unipersoal (NIF A-64929250).
-
-
- https://www.artiach.es/politica-privacidad/
- • CUÉTARA, S.L.U. Sociedade Unipersoal (NIF B-87127676)
-
4. DESTINATARIOS E TRANSFERENCIA INTERNACIONAL DE DATOS
Os datos recollidos por ADAM FOODS poderanse comunicar a encargados do tratamento e, cando así esixa a lei, a administracións e organismos públicos. Neste sentido, os datos persoais poderánselles comunicar ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e/ou aos Xulgados. En ningún caso se realizarán transferencias internacionais.
5. PERÍODO DE CONSERVACIÓN DOS DATOS
Os seus datos persoais conservaranse mentres sexan necesarios para a consecución das finalidades indicadas, así como, no seu caso, mentres non retire o seu consentimento, ou ata que exercite os seus dereitos de oposición, dereito de supresión ou se de de baixa do servizo de comunicacións comerciais. Unha vez suceda algún destes supostos, ADAM FOODS manterá os seus datos debidamente bloqueados durante o tempo necesario para dar cumprimento ás obrigas legais ou regulamentarias, durante os prazos de prescrición aplicables na lexislación que, no seu caso, resulte de aplicación.
Transcorrido o respectivo período de conservación, ADAM FOODS eliminará os datos sempre que os mesmos non teñan que ser conservados para outras finalidades que deban subsistir.
6. EXERCICIO DOS DEREITOS EN MATERIA DE PROTECCIÓN DE DATOS
A normativa de protección de datos confírelle unha serie de dereitos en relación co tratamento de datos persoais que se poden resumir en:
• Acceder aos seus datos: dereito a acceder e coñecer se estamos a tratar os seus datos persoais, dereito a acceder a eles e a solicitar información sobre como e por que motivos estamos tratándoos e, no seu caso, solicitar unha copia destes.
• Solicitar a rectificación ou supresión dos seus datos: dereito a rectificar aqueles datos persoais que esteamos a tratar e que vostede considere como inexactos ou, incluso, o dereito a solicitar a supresión de tales datos cando xa non fosen necesarios para os fins que foron recollidos.
• Solicitar a limitación do tratamento dos seus datos: dereito a solicitarnos a limitación do tratamento dos seus datos persoais. Neste caso, informámoslle de que conservariamos bloqueados os datos e que os empregaremos unicamente para o exercicio e a defensa de reclamacións, para aquilo para o que nos outorgase o seu consentimento ou para atender responsabilidades legais e contractuais.
• Mobilidade: Poderá obter unha copia en formato electrónico dos datos que estean a ser tratados, así como solicitar que sexan transmitidos a outra entidade.
• Opoñerse ao tratamento dos seus datos: en determinadas circunstancias e por motivos relacionados coa súa situación particular, terá dereito a opoñerse ao tratamento dos seus datos, en cuxo caso deixaríamos de tratalos, salvo que, por motivos lexítimos ou para o exercicio ou a defensa de posibles reclamacións, fosen necesarios.
O usuario poderá exercitar os seus dereitos dirixindo a oportuna solicitude ao enderezo electrónico ou postal indicados ao pé de cada formulario ou, no seu defecto, ao seguinte enderezo postal ou electrónico:
– Grupo ADAM FOODS, Travesera de Gracia, núm. 342, 08025 Barcelona, indicando no sobre a referencia: REF: DATOS PERSOAIS ou
– Enviando unha mensaxe ao seguinte enderezo electrónico info@adamfoods.es, indicándose o dereito a exercitar.
No caso de que se outorgara o consentimento para algunha finalidade específica, vostede ten dereito a retirar o consentimento en calquera momento, sen que iso afecte á licitude do tratamento baseado no consentimento previo á súa retirada.
De considerar que hai unha incidencia coa forma na que ADAM FOODS está a tratar os seus datos, pode dirixir a súa reclamación á Axencia Española de Protección de Datos a través da súa páxina web: www.agpd.es.
7. USO DE COOKIES E MONITORIZACIÓN DA NAVEGACIÓN
Para consultar a información deste punto, proporcionámoslle a Política de Cookies desta páxina web.
8. MODIFICACIÓNS NA POLÍTICA
Podemos modificar esta Política de Privacidade e Protección de Datos Persoais e, se engadimos algún cambio significativo, avisarémoslle a través das nosas páxinas web, ou por outros medios, e terá a oportunidade de revisar os cambios antes de que sexan efectivos. Se non está conforme con calquera dos cambios, pode exercer os seus dereitos ou xestionar o seu consentimento.
Empregar de xeito continuado as nosas páxinas web tras publicar ou enviar un aviso sobre os nosos cambios desta Política de Privacidade e Datos Persoais implica que a recompilación, o emprego e o uso compartido dos seus datos persoais están suxeitos á Política de Privacidade e Datos Persoais actualizada.
Última actualización: 23.05.2023