Nota legal

1. INFORMACIÓN LEGAL E ACEPTACIÓN

Para dar cumprimento co establecido na Lei 34/2002 do 11 de xullo de servizos da sociedade e da información e de comercio electrónico, a continuación indícanse os datos de información xeral desta páxina web.

ADAM FOODS, S.L.U., provista de N.I.F. B-66372202, con domicilio en 08025 Barcelona, Travessera de Gracia núm. 342. (De agora en adiante «ADAM FOODS»).

O nome do dominio adamfoods.es é titularidade de ADAM FOODS, S.L.U.

Establecemos algunhas normas para nos asegurar de que resulta informativo e útil para todo aquel que o visite. Dado que podemos cambialas ou modificalas de cando en vez, recomendámoslle que visite esta páxina da nosa Web tantas veces como acceda a ela, para saber as normas que estean en vigor en cada momento. Ao entrar nesta Web está vostede a aceptar actuar baixo as normas publicadas no Portal no momento do acceso.

2. PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL

O uso desta Web presupón o coñecemento de que contén informacións, comunicacións, fotografías, vídeos, gráficos, música, sons, imaxes, software e outros materiais e servizos (de agora en adiante «o Contido»), e que dito Contido, así como o seu deseño e códigos fonte, son propiedade intelectual de ADAM FOODS ou que foi obxecto de licenza ou cesión por subministradores de contido independentes. O Usuario desta web está de acordo e coñece que ADAM FOODS permite o acceso a dito contido, pero que o mesmo está protexido polas leis de propiedade intelectual e industrial (de agora en adiante «os Dereitos»), así como que ditos Dereitos son válidos e están protexidos en todos os medios existentes na actualidade ou que se desenvolvan nun futuro. O Usuario acepta que o uso de contido está suxeito e se rexe por estas normas ademais de polos Dereitos, así como polas leis da propiedade privada aplicábeis.

En consecuencia, todo o contido da Web de ADAM FOODS está protexido polos Dereitos e ADAM FOODS é propietaria, ou no seu caso licenzataria, dos mesmos; por iso o usuario non pode modificar, alterar, copiar, reproducir, publicar, transmitir, participar na transferencia ou venta, reprodución, creación de traballos derivados de, distribución, mostra, exposición, ou en calquera modo, explotar calquera dos contidos en parte ou na súa totalidade.

A compilación (entendendo como tal a recompilación, deseño, ordenación e montaxe) de todo o contido da web é propiedade de ADAM FOODS e está igualmente protexido por leis nacionais e internacionais de propiedade intelectual e industrial.

Queda prohibido establecer un enlace con, ou un contido de correo dende calquera URL ata a Web de ADAM FOODS sen o expreso permiso escrito de ADAM FOODS, segundo sexa o caso. Contacte co responsable da Web se ten calquera dúbida ou suxestión.

ADAM FOODS é unha marca rexistrada. Todos os dereitos reservados.

Calquera outra marca, nome de produto ou compañía mencionados nesta páxina web son dereitos de propiedade intelectual ou industrial rexistrados por cadansúa compañía. Queda prohibida a súa reprodución total ou parcial sen a autorización dos propietarios.

Faise constar que, ao publicar contidos nas seccións habilitadas para ilo, nesta web ou nos perfís sociais de ADAM FOODS, o usuario está a conceder a ADAM FOODS unha licenza sobre os dereitos de propiedade intelectual e/ou industrial que no seu caso puideran corresponderlle sobre tales contidos. Dita licenza é non exclusiva e abarca a totalidade dos dereitos e modalidades de explotación de tales contidos (incluíndo de forma non limitativa, a reprodución, distribución, comunicación pública e transformación mediante calquera modificación na súa forma, incluíndo a autorización para a creación de obras compostas, por calquera medio e en calquera formato ou soporte, tanxible ou intanxible, con inclusión expresa das actividades publicitarias e/ou promocionais, TV e Internet), para todo o mundo e durante toda a súa vida legal, sen dereito a percibir por iso remuneración algunha.

3. CONDICIÓNS DE USO DO PORTAL

Contacte co responsable da Web se ten calquera dúbida ou suxestión a través da seguinte dirección de correo electrónico: info@adamfoods.es

O Usuario comprométese a facer un uso axeitado dos contidos da Web, estando na obriga de:

i. Facilitar información fiable e exacta en relación cos datos solicitados nos diferentes formularios, e mantela actualizada mentres empregue a Web;

ii. Non incorrer en actividades ilícitas, ilegais ou contrarias á boa fe e a orde pública;

iii. Non difundir contidos ou propaganda de carácter racista, xenófobo, discriminatorio por razón de raza, sexo, ideoloxía, relixión ou que de calquera forma atente contra a moral, a orde pública, os dereitos fundamentais, as liberdades públicas, a honra, a intimidade ou a imaxe de terceiros e en xeral a normativa vixente;

iv. Non provocar danos nos sistemas físicos e lóxicos da Web, dos provedores de ADAM FOODS ou de terceiras persoas, nin introducir nin difundir na rede virus informáticos ou calquera outro sistema físico ou lóxico que sexa susceptible de provocar os danos previamente listados;

v. Non empregar os contidos da Web e a información da mesma para remitir publicidade, ou enviar mensaxes con calquera outro fin comercial, nin para recoller nin almacenar datos persoais de terceiros;

vi. Non intentar acceder nin empregar as contas de enderezo electrónico para modificar ou manipular as súas mensaxes.

ADAM FOODS non ten control algún sobre quen poida acceder á súa Web e onde poidan estar emprazados. Pese a que ADAM FOODS é consciente diso, isto non significa que se someta ás xurisdicións de países estranxeiros; en caso de conflito ou reclamación en relación con esta Web, serán por tanto os xulgados e tribunais da cidade de Barcelona (España) os únicos competentes.

ADAM FOODS poderá efectuar cantas modificacións técnicas sexan precisas para mellorar a calidade, rendemento, eficacia do sistema e conexión a redes telemáticas ou Internet.

ADAM FOODS resérvase o dereito de modificar a información contida na Web sen previo aviso.
ADAM FOODS está especialmente eximida de responsabilidade por deficiencias de servizo imputables ao centro servidor ou redes de conexión, así como polos danos que calquera virus informático puidera causar.
ADAM FOODS non se fai responsable da verosimilitude da información facilitada por terceiros e incluída de forma directa ou por enlace nesta Web.

4. REDES SOCIAIS

ADAM FOODS pode estar presente en redes sociais como Facebook ou Instagram mediante a creación de perfís sociais de ADAM FOODS. O tratamento de datos dos usuarios que se fagan seguidores de perfís oficiais de ADAM FOODS rexerase:

– Polas políticas de privacidade e condicións de uso que con carácter específico se indiquen no perfil creado por ADAM FOODS;
– Polas condicións previstas na presente Política de Privacidade e Condicións de Uso;
– Polas políticas de privacidade e condicións de uso que teñan establecidas as propias redes sociais. En caso de conflito, aplicaranse con carácter preferente as normas específicas establecidas no perfil oficial de ADAM FOODS e no seu defecto polas presentes condicións.

ADAM FOODS tratará os datos dos usuarios que se fagan seguidores ou fans de calquera dos seus perfís coa finalidade de administrar axeitadamente os mesmos, coñecer as súas opinións e/ou comentarios así como informalo e facelo partícipe dos diferentes concursos, promocións e/ou eventos que realice a compañía nos que participe o usuario. Ao converterse en fan ou seguidor do perfil, o usuario consinte no tratamento de datos no entorno da rede social de conformidade coas políticas de privacidade establecidas na mesma e no acceso de ADAM FOODS aos datos contidos na lista de fans ou seguidores nos termos antes mencionados.

ADAM FOODS poderá eliminar do seu perfil calquera información que vaia en contra das normas establecidas nas condicións xerais de uso da rede social, así como en contra do previsto na presente Política de Privacidade e Condicións de Uso. O usuario pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición en calquera momento, na forma descrita no apartado relativo á Política de Privacidade e Protección de Datos de carácter persoal. En todo caso, o usuario poderá deixar de ser seguidor da páxina oficial da rede social seguindo os pasos que se indiquen nas condicións de uso da rede social e sen que ADAM FOODS poida intervir en dito proceso. Ademais, lémbrase que calquera modificación ou rectificación dos datos do usuario na rede social deberán de se realizar a través da configuración de usuario, non podendo realizala ADAM FOODS. Para realizar calquera consulta en relación co tratamento de datos que se realiza dos seguidores en redes sociais dos perfís oficiais de ADAM FOODS, o usuario poderá contactar a través do correo electrónico: info@adamfoods.es

Configuración de cookies